Biblioteca da Tradución Galega O grupo BITRAGA elabora dende o ano 2004 a Biblioteca da tradución galega, que contén a referencia bibliográfica dos textos literarios traducidos cara a e dende a lingua galega co obxectivo de proxectar a importancia política e cultural da produción traducida. | |
Seminario de Lingüística Informática O Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo desenvolve proxectos relacionados con diversas áreas de investigación, tales como a tradución automática, a lingüística de corpus, a lexicografía ou a terminoloxía computacional, proporcionando, ademais, ferramentas informáticas a disposición de calquera usuario. |