Servizos


  • Tradutora e Intérprete Xurada Galego>Inglés>Galego habilitada pola Xunta de Galicia
  • Tradutora e Intérprete Francés-Inglés-Galego/Portugués-Español
  • Tradución de guións audiovisuais, páxinas web e elaboración de subtítulos
  • Revisión, corrección e edición de textos

Para que unha tradución xurada?

A tradución xurada é aquela na que o tradutor/a xurado/a (habilitado/a pola Xunta de Galicia no caso da lingua galega) sela e asina o documento dando así fe de que o texto traducido se corresponde co orixinal.

Normalmente, trátase de documentos de tipo legal (partidas de nacemento, defunción, certificados de estudos, diplomas, etc.) ou comercial (contratos de compravenda e similares) que deben surtir efectos ante a administración pública ou outras instancias.

Outros traballos

A tradución especializada é aquela na que o texto que se traduce emprega unha linguaxe especializada, propia dunha área concreta. Trátase de textos científicos, económicos, xurídicos, técnicos, etc.  Inclúese nesta clasificación a tradución literaria.

Entre os traballos dos tradutores é habitual a corrección de textos. Trátase de revisar erros lingüísticos, ortográficos, de estilo... só no texto traducido, ou ben de cotexar o texto de chegada co orixinal para corrixir os posibles erros de tradución.

 

 

Make a Free Website with Yola.